Ardora 6 creación de contidos escolares para a web

Ardora é unha aplicación informática que permite, ós docentes, crear os seus propios contidos web, dun xeito moi sinxelo, sen necesidade de ter coñecementos técnicos de deseño ou programación web.

Con Ardora pódense crear máis de 45 tipos distintos de actividades interactivas: encrucillados, sopas de letras, completar, paneis gráficos, reloxos, etc, así como máis de 10 tipos distintos de páxinas multimedia: galerías, panorámicas ou zooms de imaxes, reproductores mp3 ou flv, etc e sete novas "páxinas para servidor", anotacións e álbum colectivo, líñas de tempo, poster, chat, sistema de comentarios e xestor de arquivos. .

O profesor ou profesora so debe centrar o seu esforzo nos elementos a incluir, non no seu tratamento informático.
Unha vez introducidos os elementos, mediante formularios moi sinxelos, Ardora creará a páxina web e os arquivos necesarios, ahora so precisará un navegador para visionar o contido.

Feb. 2013 -Nova versión 6.4 novas "páxinas en servidor" que permiten o traballo colectivo ou en grupo, mais posibilidades para a creación de SCORMs, os paquetes de actividades foron rediseñados baixo a metodoloxía AJAX, permitindo ahora a autoavaliación detallada. +info

Ardora é totalmente gratuito, sempre e cando sexa empregado de xeito personal, sin caracter lucrativo e con fins estrictamente educativos. Non está permitida a súa descompilación en todo ou en parte.