2.- A pescuda:

Poderás empregar Internet, libros de consulta, enciclopedias ou calquera recurso do que poidas extraer a información, esa información debe de ser breve, concisa e moi clara xa que serás ti quen lle explique ao resto da clase o teu traballo. Se podes, contrasta que noutros lugares, outras páxinas de internet, unha enciclopedia, etc aparece a mesma información.

Debes de elixir dous animais vertebrados ou invertebrados, non domésticos, de distintos tipos, é dicir, non podes escoller dúas aves, dous insectos ou dous mamíferos, así mesmo o hábitat natural de cada un dos animais debe de ser distinto, é dicir se escolles un das zonas temperadas o outro deberá de ser das zonas cálidas ou frías.